Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

HELENA DOMÍNGUEZ GARCÍA GAÑA A I EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN E CULTURA MARÍTIMA LUÍS REI

Fecha: 2024-12-20

O Grove, 20/12/2024.- Helena Domínguez García, licenciada en Ciencias da Información e doutora en Comunicación e Xornalismo pola USC cunha tese sobre a construción do conflito político na prensa galega, ven de gañar a I Edición do Premio de investigación e cultura marítima “Luís Rei”.

O Premio de investigación e cultura marítima “Luís Rei” é un premio  convocado polo Concello do Grove, que conta coa financiación do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de honrar a figura e a memoria de Xosé Luís Rei Núñez e, asemade, fomentar a investigación e a recuperación no campo do patrimonio e a cultura marítima. O premio está dotado con 1.500 euros.

O xurado do premio, composto por  Francisco Fernández Rei, Maríadel Mar Llinares García, Lino Prieto Prol, Bruno Padín Portela e Susana María Sánchez Arins (en representación de Culturmar, Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial), reuniuse na tarde do 19 de decembro para ditaminar esta I edición do Premio.

Despois de deliberar o Xurado, por unanimidade, acordou declarar como gañador da presente edición o texto presentado baixo o título a concurso Cons, touzas e petóns: talasonimia da Ría da Arousa, co lema A Peteiruda.

Acto seguido procedeuse á apertura da plica do texto premiado. A autora do texto gañador resultou ser Helena Domínguez García.

O xurado destacou do texto gañador o seguinte: “Trátase dunha boa contribución á talasonimia, rama da onomástica pouco desenvolvida en Galicia. Estúdanse os nomes do mar xenéricos da Ría de Arousa, como cabezogolfeiro ou lombo; e, sobre todo, preséntase un completo corpus de talasónimos da Illa de Arousa e do arquipélago dos Guidoiros con análise detallada de cada un deles, baseándose en fontes históricas e cartográficas, na consulta de cadernos de marca feitos por mariñeiros con referencia no mar e na terra e tamén na recolleita de material oral fornecido por xentes do mar da Illa que levan un bo guiñón de anos traballando pola socialización do patrimonio marítimo”