Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE OFRECE DOUS VENRES DE CELEBRACIÓN CULTURAL

Fecha: 2025-01-29

O Grove, 29/01/25.- O Concello do Grove acolle o venres 31 de xaneiro e o venres 7 de febreiro dúas importantes citas a nivel cultural, durante as cales poderase gozar coa historia, a investigación, a literatura, a música e a arte.

O venres 31 de xaneiro, a Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” converterase no escenario da entrega do XII Premio do concurso de Pintura Ernesto Goday a Pascual Gimeno Montalar, gañador desta edición coa obra “Playa San Vicentee que viaxará desde Valencia. Ademais do premio metálico e do diploma, recibirá unha medalla e diploma da Asociación Española de pintores e escultores, da que na súa época formou parte Ernesto Goday e que colabora con este premio.

Das obras presentadas a esta edición foron preseleccionadas dez que forman parte dunha exposición que se pode visitar no hall da Casa da Cultura. O xurado tamén decidiu outorgar unha mención especial á obra “A Toxa” de Manuel Carballeira Rivas.

Así mesmo xa están impresos os catálogos da exposición que estarán a disposición de todos os asistentes o día do acto.

A velada dará comezo ás 20 horas cunha visita da exposición e seguirá coacto de entrega do Premio, amenizado pola música de alumnado da Escola de Música do Grove.

O venres7 de febreiro, a partir das 20.00 h, a Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” acollerá o acto de entrega do I Premio de investigación e cultura marítima LuísRei a Helena Domínguez García, gañadora desta primeira edición co traballo  Cons, touzas e petóns:talasonimia da Ría da Arousa.

O acto, dirixido pola Concelleira de Cultura Mª Pilar Galiñanes Castro, contará coa intervención do alcalde do Grove, Jose A.Cacabelos Rico,  de Francisco Fernández Rei, membro do xurado, e da a vicepresidenta de Culturmar, Nuria Saborido Muñiz. Esta xornada tamén estará amenizada con intervencións musicais de alumnado da Escola de Música do Grove.

O concello do Grove quere agradecer a colaboración da Deputación provincial de Pontevedra na financiación destes importantes certames.

Animamos a todas as veciñas e veciños da vila a que participen connosco nestas dúas importantes citas culturais.


Convite Goday


Convite Luis Rei