Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo

Fecha: 2011-02-17

Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo.

Normativa: Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2011. (DOG nº 31 do 15/02/2011)

Obxecto:

Establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo menor a cargo, así como a convocatoria destas axudas para este ano.

 

Persoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2011 (nacidos entre o 2-1-2008 e o 1-1-2011, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF. No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2010, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
  • Os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que cumpran as condicións da Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE número 10, do 12/01/2000) e os requisitos establecidos na presente norma e tiveran a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

Quedan excluídos os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos ou aqueles que teñan fillis e fillas cuxa tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.

 

Requisitos:

  • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
  • Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
  • Que por razón dos ingresos obtidos durante o 2009, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

Contía da axuda:

Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.

Documentación:

  • Solicitude e anexos.
  • Autorización dos membros da unidade familiar para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo I)
  • Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
  • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
  • Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
  • Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
  • Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.
  • Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo II).

Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2010 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.

As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:

  • En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
  • No caso de parellas de feito, certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
  • En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

Lugar de presentación:

  • Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
  • Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
  • Por vía telemática: Para os solicitantes que teñan sido beneficiarios destas axudas no ano 2009, non teñan variado as circunstancias determinantes do dereito á prestación e non teñan solicitadas ou concedidas outras axudas por fillos/as menores de 3 anos para esta mesma finalidade. Para esta vía de presentación deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda. Unha vez asinada a solicitude co certificado dixital do solicitante procederase á transferencia telemática ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación:

40 día naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da orde.

Ata o 28 de marzo de 2011 (por ser o 27 día inhábil)