Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a XIV edición do Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres

Fecha: 2025-02-04

Dentro das actividades conmemorativas do 8 de marzo, organízase un ano máis este concurso de fotografía para persoas profesionais e afeccionadas.

O Grove, 4 de febreiro de 2025. A Concellería de Igualdade do Concello do Grove convoca a edición décimo cuarta do Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres. Como en anos anteriores, para participar deberanse presentar imaxes que reflictan o facer das mulleres nos diferentes eidos da vida (social, laboral, político, artístico, creativo, de ocio...). A este certame poderá inscribirse toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada, presentando un máximo de tres fotografías en formato dixital. As fotos, que serán orixinais e non premiadas noutros concursos, poderán ser presentadas en formato horizontal ou vertical, tanto en cor como en branco e negro. 

Para concorrer ao certame, as fotografías deberán enviarse en formato dixital ao enderezo de correo electrónico 08marzogrove@gmail.com acompañadas da correspondente folla de inscrición cuberta, dunha declaración de responsabilidade asinada e dunha copia do documento de identidade da autora ou autor. O prazo de inscrición estará aberto desde a publicación das bases no BOPPO ( publicado o 03 de febreiro de 2025) ata o día 25 de febreiro de 2025, incluído.

O xurado, composto por integrantes do Consello Local de Igualdade (CLI) e por profesionais relacionados coa arte e a fotografía, outorgará un primeiro premio de 350 euros, un segundo de 250 e un terceiro de 150 euros. O nome das tres persoas galardoadas darase a coñecer na páxina web municipal o día 8 de marzo de 2025.

Ademais, a fotografía gañadora será empregada na campaña do Día Internacional das Mulleres e as 20 fotografías con maior puntuación formarán parte dunha exposición.

CARTEL CONCURSO FOTOGRAFIA

FOLLA DE INSCRICIÓN

BASES DO XIV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA POLO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

DECLARACION RESPONSABLE