Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Crecer con Saúde no Mundo Dixital [Charla]

Charla para familias e profesorado sobre o uso responsable das pantallas na infancia

O Concello do Grove convida á actividade organizada pola Unidade Asistencial de Drogodependencias: unha xornada informativa e de concienciación sobre a importancia de establecer hábitos dixitais saudables dende a infancia.

Dirixida especialmente a familias e persoal docente, esta charla ofrecerá ferramentas prácticas e reflexións sobre como acompañar ás crianzas no uso das tecnoloxías, fomentando un desenvolvemento equilibrado e consciente.

Xoves, 8 de maio
18:00 h
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (Monte da Vila, 11 – O Grove)

Contaremos coa participación de Julio Carmona, enfermeiro en saúde mental e adiccións tecnolóxicas, e Menchu Outón, docente de secundaria no ensino público.

Implícate na protección da infancia!


Todas as novas