Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca dúas bolsas para a Oficina de Turismo

Fecha: 2011-02-22

O Concello do Grove acaba de publicar as bases para a adxudicación de dúas bolsas de estudo para a Oficina Municipal de Información Turística municipal durante o 2011.

 

Os/as bolseiros/as deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser español/a ou nacional dun país membro da Unión Europea,residente en España, preferiblemente na provincia de Pontevedra.
  • Estar en posesión do título de diplomado/a en turismo ou ciclo superior de información e comercialización turística ou equivalente, no momento da convocatoria da selección. A devandita titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2002 ou con posterioridade a esta data.
  • Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 5 de marzo.

 

Pode consultar a totalidade das bases no seguinte enlace:

Bases das bolsas de estudo para a Oficina de Turismo