A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE FOI SELECCIONADA PARA PARTICIPAR NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN “XSCAPE MATERIAL MINDS”
Fecha: 2025-09-08
· As persoas asistentes participarán nun obradoiro de cerámica prehistórica
O Grove, 08/09/2025.-A biblioteca municipal do Grove foi seleccionada para participar no proxecto de investigación “Xscape. Material Minds”, dirixido polo INCIPIT-CSIC.
XSCAPE é un proxecto de investigación que ten como obxectivo examinar como os nosos materiais culturais modifican os patróns humanos de atención e procesamento de información.
As persoas asistentes participarán nun ESTUDO DEINVESTIGACION SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL E A MENTE HUMANA máis un OBRADOIRO DECERÁMICA PREHISTÓRICA.
Os obxectos que usamos todos os días inflúen no noso comportamento? Tomando como exemplo a cerámica prehistórica, a actividade pretende axudar a reflexionar sobre esa cuestión.
A actividade supón un obradoiro práctico de cerámica para a reprodución dunha peza prehistórica e un exercicio de observación no que interveñen imaxes e obxectos arqueolóxicos mediante tecnoloxía de seguimento visual.
Os investigadores rexistran datos sobre o movemento ocular(como se escanea cada imaxe, canto tempo pasan os ollos nun punto determinado, etc.). O obxectivo é comprender como as persoas procesan esta información visual e toman decisións.
Mentres que o exercicio de observación, que dura 10 minutos ese realiza individualmente, todo o grupo participará nun obradoiro práctico de cerámica para a reprodución dunha peza prehistórica, impartido por ceramistas especializados.
A actividade ten unha duración de dúas horas e desenvolverase o venres 3 de outubro, a partir das 17.00 h, na biblioteca municipal do Grove.
A actividade é de balde e está dirixida a persoas de entre 50 e 70 anos. As prazas son limitadas.
Todas as persoas interesadas en participar, poden obter máis información e facer as súas inscricións na Biblioteca Municipal do Grove, no enderezo electrónico biblioteca@concellodogrove.es ou no telefono: 986732341.
