Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE OFRECERÁ OS DÍAS 8 E 9 DE NOVEMBRO A SEGUNDA EDICIÓN DO FESTIVAL DE MAXIA SOLIDARIO

Fecha: 2025-10-24

O Grove, 24/10/2025.- O Concello do Grove ofrecerá a principios de novembro a segunda edición do Festival de Maxia solidario, financiado polo Plan Máis Provincia de Deputación de Pontevedra.

O Festival, dirixido a todos os públicos, desenvolverase os días 8 e 9 de novembro e nel participarán magos e magas de recoñecido prestixio nacional.

Los Inventores

O sábado 8 de novembro  ás 19.00 h, ofrecerase no Auditorio do Grove o espectáculo “Los Inventores” do Mago Óliver y Liuba que acadou o Premio Nacional de Maxia Cómica no ano2023.

Neste espectáculo Liuba actúa como mestra de cerimonias e gran artista colaboradora, guiando ao público a través dun desfile de inventores moi peculiares que chegan desde diferentes partes do mundo. Cada inventor, co seu humor, o seu enxeño e, por suposto, a súa maxia, logra emocionar e facer reflexionar, transmitindo valores esenciais para a vida.

Rotos

O domingo 9 de novembro, ás 12.00 h, terá lugar no Auditorio do Grove o espectáculo “Rotos” a cargo de Lola Mento e Luigi Ludus. Unha recente ruptura sentimental entre ambos, e certa confusión en saber a quen lle tocaba actuar hoxe, fixo que os dous coincidan no escenario. Como o van a solucionar? Actuarán os dous? Terá arranxo o seu?. Con este argumento LOLA MENTO e LUIGILUDUS unen os seus estilos por primeira vez nun espectáculo onde a maxia, a comedia e a música conviven co obxectivo de entreter a toda a familia.

Se os viches por separado, imaxina o que pode pasar nese escenario se os xuntas. Se nunca os viches, aquí tes un "dous por un".

Gran Gala de Maxia

O domingo 9 de novembro, ás 19.00 h, ofrecerase no Auditorio do Grove a Gran Gala de Maxia coa participación dos mellores magos e magas chegados de diferentes zonas de España: o Mago Paco, Mago Óliver e Liuba, Lola Mento e Luigi Ludus.

Unha tarde para soñar, rir e deixarse sorprender cun espectáculo creado especialmente para público infantil e familiar.

Maxia participativa, onde os nenos e nenas convértense en protagonistas. Humor disparatado, capaz de arrincar gargalladas a grandes e pequenos. Ilusións cheas de ritmo e poesía visual que transforman o escenario nun mundo de fantasía. E un anfitrión próximo que guía cada momento con diversión e asombro.

Un espectáculo pensado para que toda a familia poida gozar xunta, compartindo risas, aplausos e a emoción do imposible!

Por segundo ano, o Festival de Maxia virá acompañado de solidariedade paraos máis desfavorecido. As persoas que desexen asistir a calquera das funcións, deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal do Grove (a partir do luns3 de novembro) e deixar, a cambio, alimentos para Cáritas.


cartel


cartel


cartel