Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE INICIA A PROGRAMACIÓN DO 1º SEMESTRE DE 2026 DA REDE GALEGA DE TEATROS COA OBRA “AS DESTERRADAS”

Fecha: 2026-01-19

O Grove, 19 de xaneiro de 2026.- O Concello do Grove inicia a programación do 1º semestre de 2026 da Rede Galega de Teatros e Auditorios o sábado 31 de xaneiro, ás 20.30 h, coa obra “As Desterradas” a cargo de Producións Excéntricas.

“As Desterradas” con texto de Carme Varela (25º premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais), estreada no mes de marzo de 2025, e que está acadando un grande éxito de público en todas as funcións.

A obra conta cun texto marabilloso e un elenco divino formado por Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira baixo a dirección de Quico Cadaval. Unha equipa de primeiro nivel!

O mosteiro de San Salvador de Albeos levaba séculos comesto polas silvas e a ruína. Unha xente que andaba á caza  de xoias doesplendor románico, limparon o sitio de maleza. O lugar escondía unha historia afogada polo tempo e pola voz dos vencedores. Carme Varela, co seu fino olfacto, cheirou que alí tiña acontecido un crime. Desenterrouno e deitou luz sobre o escuro asunto. Grazas a ela, coñecemos o móbil, o modus operandi, os executores, os cómplices e as vítimas. Unha historia de humillación, ocultación e desterro. “ Un roubo tan grande como cando lle roubaron a túnica ao Noso Señor antes de crucificalo”.

Argumento

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beirado Miño vese ameazada pola cobiza da hierarquia eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas suas rotinas de rezos, bordados e melindres, maisa negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.

A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira) dirixidas por Quico Cadaval.

 

Adquisición de entradas

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 30 de xaneiro, de 11.00 a13.30 h ou no propio Auditorio do Grove o sábado 31 de xaneiro, de 19.30 a 20.30h.


CARTEL