Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A CASA DA CULTURA MANUEL LUEIRO REY ACOLLE O ACTO DE ENTREGA DO “XIII CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY” A MANUEL CARBALLEIRA RIVAS

Fecha: 2026-01-29

O Grove, 29/01/26.- O Concello do Grove acolle o venres 6 defebreiro unha importante cita a nivel cultural, durante a cal poderase gozar coa a música e a arte.

O venres 6 de febreiro, a Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” converterase no escenario da entrega do “XIII Premio do concurso de Pintura Ernesto Goday” a Manuel Carballeira Rivas, gañador desta edición coa obra “En marea baixae que viaxará desde Valdoviño,na provincia da Coruña.

Ademais do premio metálico e do diploma, o gañador recibirá unha medalla e diploma da Asociación Española de pintores e escultores, da queno sa súa época formou parte Ernesto Goday e que colabora con este premio.

Das obras presentadas a esta edición foron preseleccionadas oito que forman parte dunha exposición que se pode visitar no hall da Casa da Cultura.

Así mesmo xa están impresos os catálogos da exposición que estarán a disposición de todos os asistentes o día do acto.

A velada dará comezo ás 20.30 horas co acto de entrega do Premio, ameniza dopola música de alumnado da Escola de Música do Grove.

Animamos a todas as veciñas e veciños da vila a que participen connosco nesta importante cita cultural.


convite