Aviso proveedores do concello: parada programada do servizo FACe
Fecha: 2026-02-03
Infórmase ás persoas provedoras de que o vindeiro 06 de febreiro o servizo estatal FACe (Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas) permanecerá temporalmente non dispoñible debido á realización de actuacións técnicas de gran alcance na plataforma.
Segundo a información facilitada polos responsables do servizo, a interrupción terá unha duración estimada de ata 72 horas, período durante o cal non será posible a presentación nin a xestión de facturas electrónicas a través de FACe.
Esta interrupción non depende do Concello, xa que FACe é unha plataforma xestionada pola Administración Xeral do Estado.
Unha vez finalizadas as actuacións e restablecido o servizo, FACe volverá funcionar con normalidade no seu enderezo habitual:
Recoméndase ás persoas provedoras ter en conta esta circunstancia para a planificación da presentación das facturas.