Dispositivo especial de tráfico e restricións de circulación con motivo do Festival de Comparsas este sábado
Fecha: 2026-02-13
A Concellería de Seguridade Cidadá e a Policía Local do Grove comunican que, debido á celebración do tradicional Festival de Comparsas, estableceranse medidas especiais de regulación do tráfico no centro urbano durante a tarde deste sábado.
O obxectivo destas medidas é garantir o bo desenvolvemento do evento e a seguridade tanto dos participantes como do público asistente.
Horario das restricións:
O dispositivo activarase o sábado 14 de febreiro ás 18:00 horas e manterase ata a finalización do evento e a normalización da situación na vía pública.
Rúas cortadas ao tráfico:
Prohibirase a circulación de vehículos nas seguintes vías:
- Rúa Castelao – Pombal
- Rúa Estrechortas – Conricado
Acceso exclusivo para residentes:
Habilitarase o acceso unicamente para vehículos de residentes nas seguintes zonas:
- Pombal
- Monte da Vila
- Conricado
Accesos a servizos esenciais (Centro Médico e Casa do Mar):
Para garantir o acceso aos servizos públicos situados na zona afectada, establécese un itinerario alternativo. O acceso ao Campo de fútbol, á Casa do Mar e ao Centro Médico realizarase exclusivamente a través da Rúa Bouzas
Recomendacións:
Desde a Policía Local do Grove solicítase a máxima colaboración da cidadanía, respectando a sinalización circunstancial e as indicacións dos axentes. Recoméndase evitar o uso do vehículo privado no centro urbano durante as horas do evento e planificar os desprazamentos con antelación.
Grazas pola súa colaboración e desculpen as molestias.