Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a XV edición do Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres

Fecha: 2026-02-19

Dentro das actividades conmemorativas do 8 de marzo, organízase un ano máis este concurso de fotografía para persoas profesionais e afeccionadas.

 A Concellería de Igualdade do Concello do Grove convoca a edición décimo quinta do Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres. Como en anos anteriores, para participar deberanse presentar imaxes que reflictan o facer das mulleres nos diferentes eidos da vida (social, laboral, político, artístico, creativo, de ocio...). A este certame poderá inscribirse toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada, presentando un máximo de tres fotografías en formato dixital. As fotos, que serán orixinais e non premiadas noutros concursos, poderán ser presentadas en formato horizontal ou vertical, tanto en cor como en branco e negro. Non se permite a presentación de obras creadas total ou parcialmente mediante o uso de intelixencia artificial.

BASES BOP PONTEVEDRA

BASES XV PREMIO DE FOTOGRAFIA

DECLARACION RESPONSABLE

FOLLA DE INSCRICIÓN