Concello de O Grove contratará a 17 persoas desempregadas inscritas no SPEG grazas á subvención concedida pola Deputación de Pontevedra, Plan +Provincia
Fecha: 2026-04-17
Os postos para cubrir son: 3 condutores/as camión C+CAP, 1 operario/a, 2 peóns de xardinaría, 7 peóns de limpeza e 1 animador/a sociocultural a xornada completa durante 6 meses, 1 peón de limpeza a xornada completa durante 3,5 meses e 2 peóns de limpeza a xornada completa durante 3 meses.
As ofertas se tramitarán a través da oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia.
As persoas contratadas reforzarán os servizos municipais para a execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas en mal estado, traballos de limpeza, mobiliario urbano e mellora dos servizos culturais, tanto na zona urbana como no rural.