Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Apertura extraordinaria da bolsa de emprego do Programa de Estudo de Caracterización de Residuos nos Areais do Conello do Grove para a tempada de verán 2026

O Concello do Grove procede á apertura da bolsa de emprego para cubrir o número máximo de 8 peóns/peoas de limpeza medioambiental como funcionarios interinos por programas, para a execución do Programa de Estudo de Caracterización de Residuos nos Areais do Concello do Grove durante a tempada de verán de 2026, mediante o sistema de concurso-oposición. 

O prazo de presentación de solicitudesque será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicacíon do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (17/04/2026).

O prazo será do 20 ao 24 de abril do 2026, ambos incluídos.

Bases da convocatoria.


Todas as novas