Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2026-2027)

AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2026-2027)

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 5 de xuño e atao 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación dassolicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2026-2027.

As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.

As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

-  Fotocopia do DNI do solicitante.

-  Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).

-  Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)

-  Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia(preferentemente declaración da renda do exercicio de 2025).

- Xustificante dematrícula.

- Contrato/recibodo aluguer do piso ou do pagamentoda hipoteca

Máis Información

Bases Axuda Libros

Formulario solicitude da Axuda

https://concellodogrove.sedelectronica.gal/preview-document/f0da6153-f3d2-4301-a928-3960151957a4/

A documentación deberá entregarse a través da SEDE ELECTÓNICA do Concello  ou no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL (Edificio Administrativo do Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa)


Todas as novas