Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A grovense Elena Chaves gaña o IV Concurso de Fotografía A Muller Traballadora

Fecha: 2011-03-02

 

O primeiro tenente de alcalde, Carlos Álvarez, anunciou onte as persoas gañadoras do IV Concurso de Fotografía A Muller Traballadora que organiza a Concellería de Igualdade e Benestar. A gañadora desta edición é veciña do Grove Elena Chaves Escalante, coa foto “Gambia”, na que representa o esforzo das mulleres na costa africana.

 

O segundo lugar recaeu en “Conciliación familiar”, de Javier Arcenillas, que reflicte a vida cotidiana dunha familia e o papel fundamental da muller nas familias. Arcenillas xa gañara o primeiro premio na terceira edición do concurso coa foto “India”.

 

O terceiro premio recaeu na foto titulada “Ela traballa, outros xogan”, da santiaguesa Patricia Santos. A foto reflicte unha realidade moi cotiá na nosa ría, unha mariscadora traballa arreo mentres, ao fondo da imaxe, aparecen uns xogadores de golf en plena faena.

 

O cuarto posto foi para outro grovense, Diego Álvarez, coa foto “Atando na beira do lago”, Diego Álvarez foi segundo na pasada edición. O quinto posto foi para Miguel Planells coa foto “La castañera”.

 

A foto gañadora será a fotografía empregada para o cartel da programación dos actos do Día da Muller Traballadora que se van celebrar a partir do día 18 coa mesa redonda “Mulleres, creatividade e futuro” na que participarán Tita Portela, Teresa González, as creadoras de Rita Pajarita, Lorena Moldes entre outras mulleres da nosa localidade que son exemplo de creatividade e gran esforzo para poder acadar os importantes logros nas súas especialidades. 

 

O seguinte acto é o máis importante, son os premios meca da igualdade 2011, que terán lugar na casa da cultura o 19, e seranlles entregados ás mulleres máis representativas da nosa vila nun acto onde tamén se entregarán os premios de fotografía.

 

As actividades prolongaranse ao día 25, cando se reproducirán unhas curtas relacionadas coa muller a través das cuestións sociais, familiares, sexuais, reivindicativas ou de superación que lles afectan directamente.

 

A exposición O Grove, feminino plural e as demais actividades, están expostas na programación que estes días difundiu o propio tenente de alcalde.