Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA EVENTOS DEPORTIVOS ANO 2026

Fecha: 2026-07-14

O Grove, 14 de xullo de 2026.- No BOPPO núm.131 de 13 de xullo publicouse o extracto das Bases e Convocatoria para a concesión de subvencións a eventos deportivos no ano 2026.

Esta convocatoria ten por obxecto apoiar ás entidades e clubes deportivos sen ánimo de lucro na realización de eventos deportivos durante o ano 2026.

A cantidade de axuda percibida por cada clube non poderá superar o 50% do gasto total do evento que organice. 

A axuda non excederá de 5.000 € por evento.

O texto completo das Bases pode consultarse na Sede electrónica do Concello do Grove, no enlace https://concellodogrove.sedelectronica.gal/preview-document/6cf7b798-ba76-41c5-accf-daea80ce9503/ e na Base de Datos Nacional de Subvencións https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/911614

As asociacións ou entidades deportivas que desexen acceder a estas axudas teñen nun prazo de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia, para presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral Electrónico do Concello do Grove ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.