CLASES MUNICIPAIS DE PÁDEL 2026-2027
Fecha: 2026-08-31
CLASES MUNICIPAIS DE PÁDEL 2026-2027
O Concello do Grove abre un novo curso das clases municipais de pádel, unha actividade dirixida a nen@s, rapaces e persoas adultas, con grupos adaptados ás diferentes idades e niveis.
- Inicio das clases: 1 de outubro de 2026.
- Apertura do prazo de inscrición: 7 de setembro de 2026.
O prazo de inscrición permanecerá aberto durante toda a tempada, polo que se poderán presentar novas solicitudes ao longo de todo o curso. A incorporación ás clases estará condicionada á existencia de prazas e á formación dos grupos segundo o nivel dos/as participantes.
As clases desenvolveranse de luns a venres, en horario de mañá e de tarde, nas pistas municipais de pádel.
GRUPOS
- Escola de nen@s: de 6 a 12 anos.
- Rapaces: de 13 a 17 anos.
- Adultos: a partir dos 18 anos.
Presentación de solicitudes por Sede Electrónica o no Rexistro Xeral do Concello (Edificio Administrativo, horario de 9.00 a 14.00 horas.)
O impreso de solicitude estará dispoñible AQUI Folla inscrición pádel curso 2026 2027 e no Edifico Administrativo.
Máis información nas pistas de pádel.
