Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Exposición Arte e humor “O enxeño de Antonio Mingote”

Fecha: 2026-09-09

O Concello do Grove, Abanca e Afundación inauguran hoxe mércores a exposición Arte e humor “O enxeño de Antonio Mingote” na Casa dá Cultura "Manuel Lueiro Rey·.

Esta proposta parte do proxecto Corrente cultural, mediante o cal se propicia esta colaboración entre a entidade bancaria, Afundación e os distintos concellos galegos.

A mostra, organizada en colaboración coa Fundación Antonio Mingote, percorre a historiada arte a través da mirada do aplaudido humorista gráfico mediante viñetas, debuxos e reflexións visuais cos que retratou ao longo da súa traxectoria a sociedade do tempo que lle tocou vivir.

Ao acto de inauguración da mostra acudiron a Concelleira de Cultura, Pilar Galiñanes acompañado do Concelleiro Antonio Doña , a coordinadora da área de Cultura de Afundación, Marité Cores, e varios representantes de Abanca, para subliñar a importancia de visibilizar a arte, imprescindible para fomentar ou coñecemento e ou desenvolvemento colectivo.

A mostra poderase visitar desde este mércores 9 de setembro ata o 9 de outubro.


foto