Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE OFRECERÁ OS DÍAS 26 E 27 DE SETEMBRO A TERCEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL DE MAXIA SOLIDARIO

Fecha: 2026-09-15

O Grove, 15/09/2026.- O Concello do Grove ofrecerá a finais de setembro a terceira edición do Festival de Maxia solidario, financiado polo Plan Máis Provincia de Deputación de Pontevedra.

O Festival, dirixido a todos os públicos, desenvolverase os días 26 e 27 de setembro e nel participarán magos e magas de recoñecido prestixio nacional.

The Magical Mystery Tour

O sábado 26 de setembro,  ás19.00 h, chega ao Auditorio do Grove Cliff the Magician co seu espectáculo The Magical Mystery Tour, un show cheo de maxia e humor para toda a familia. Únete a nós nunha viaxe onde todo é posible: risas aseguradas e momentos máxicos garantidos.

Ademais, dun xeito divertido e sen decatarse, o público aprenderá e practicará un pouco de inglés. Será unha experiencia incrible que sorprenderá!

Este espectáculo é apto para persoas de 2 a 99+ anos que queiran gozar da boa maxia e rir sen parar.

O Gran Circo das Pulgas

O domingo 27de setembro, chega á Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” o espectáculo máis pequeno do mundo: O Gran Circo das Pulgas a cargo do Mago JoseMari.

Este espectáculo ten un aforo moi limitado polo que se ofrecerán dúas sesión ás11.30 h e ás 12.15 h e, se fose preciso, unha terceira sesión ás 13.00 h.

A mediados do século XIX, e debido á falta de hixiene na sociedade da época, as pulgas, esas «amigas» dos seres humanos, saltaban e revoloteaban ao seu antollo por todas partes.

Era tal a poboación destes parasitos que incluso chegaron a formar varias compañías circenses polo centro de Europa e o norte de América.

Pero chegou o século XX e, con el, o progreso e un acontecemento que cambiaría para sempre a historia destas artistas:  A hixiene!

As pulgas estiveron a piques de extinguirse… e os circos con elas.  Josemari Alcázar, un mago viaxeiro e calvo ,herdou un destes decadentes circos, conservando sete das súas vellas artistas.

Que comece o espectáculo máis pequeno do mundo!

Gran Gala de Maxia

O domingo 27 desetembro, ás 18.00 h, ofrecerase no Auditorio do Grove a Gran Gala de Maxia coa participación dos mellores magos e magas chegados de diferentes zonas de España: o Mago Paco, O Mago Josemari, O Mago Cliff, a maga Dania Díaz e o Mago Nacho Samena.

Unha viaxe chea de maxia, humor e sorpresas na que nada é o que parece e todo pode acontecer.

Unha gala familiar onde a maxia sae do escenario para chegar directamente ao público, facendo que nenos e nenas participen, xoguen e vivan en primeira persoa momentos realmente sorprendentes. Un espectáculo áxil e divertido, con situacións inesperadas e moito humor para conquistar tamén aos maiores.

Unha proposta chea de enerxía e emoción, na que cada número será unha nova porta aberta á imaxinación e á capacidade de sorprenderse.

Porque nesta gala non só se vén ver maxia… vénse vivila,compartila e desfrutala en familia!

Por terceiro ano,o Festival de Maxia virá acompañado de solidariedade para os máis desfavorecido. As persoas que desexen asistir a calquera das funcións, deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal do Grove, a partir do luns 21de setembro, e deixar, a cambio, alimentos para Cáritas.


cartel


cartel


cartel