O AUDITORIO DO GROVE ACOLLE O PIANO RECITAL “PASIÓN DE FALLA” DO ARTISTA JOSÉ LUIS NIETO O SÁBADO 17 DE OUTUBRO
O Grove, 9 de outubro de 2026.- O Auditorio do Grove acollerá o sábado 17 de outubro o Piano recital “Pasión de Falla” do artista José Luis Nieto.
A música clásica chega á programación do Auditorio do Grove cun recital de piano dedicado a Manuel de Falla, a cargo de José Luis Nieto e patrocinado pola Deputación de Pontevedra.
José Luis Nieto, tras graduarse no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, trasládase a Moscova onde volve graduarse no Conservatorio Tchaikowsky baixo a tutela dun mito do piano universal, Mikhail Voskressensky, e tamén onde posteriormente se doutora en piano baixo a dirección do recoñecido Victor Merzhanov. Isto avala ao intérprete español para emprender unha intensa actividade concertística a nivel internacional, revelándose como un dos máis salientables pianistas españois da nova xeración.
A súa bagaxe profesional vese reflectida en numerosos recitais nos cinco continentes e a publicación de traballos discográficos que acadaron un notable recoñecemento da crítica especializada.
José Luis Nieto é un virtuosis momusical co piano e a composición, un dos grandes referentes como concertista internacional, e unha das figuras máis salientables da música española dentro e fóra de España.
Neste ocasión, o programa estará dedicado por completo a Manuel de Falla, o compositor gaditano. José Luis Nieto interpretará tres das súas obras máis recoñecibles: “O sombreiro de trespicos”, “El amor brujo” e “Fantasía Bética” en adaptacións para piano elaboradas polo propio artista. Así que, máis que unha simple execución, o que se vai escoitar é a súa propia lectura destas pezas
Retirada de convites
A retirada de convites poderár ealizarse na Biblioteca Municipal do Grove, do 13 ao 16 de outubro, ou n opropio Auditorio o sábado 17 de outubro, de 19.30 a 20.30 h.

