Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove pon en marcha unha nova edición da campaña MercaNoGrove 2026

O rexistro de establecementos comerciais abre este venres 23 de outubro, mentres que a venda de bonos á veciñanza comezará o mércores 28 de outubro.

O Concello do Grove pon en marcha unha nova edición da campaña MercaNoGrove 2026, unha iniciativa destinada a fomentar o consumo nos establecementos comerciais do municipio, apoiar o comercio de proximidade e incentivar as compras na economía local.

Nesta edición, o Concello destinará 20.000 euros á campaña, que permitirán poñer en circulación 2.000 packs de bonos cun valor total de 60.000 euros para gastar nos establecementos adheridos.

O funcionamento será similar ao de edicións anteriores. A veciñanza poderá adquirir packs de bonos por valor de 30 euros pagando unicamente 20 euros, sendo o Concello quen achegue os 10 euros restantes. Cada pack estará composto por catro bonos de 10, 10, 5 e 5 euros.

Aberto o prazo de adhesión para os establecementos

Desde este venres, 23 de outubro, os establecementos comerciais con venda ao público poden solicitar a súa incorporación á campaña a través da plataforma oficial:

https://mercanogrove.concellodogrove.es

Os comercios que xa participaron en edicións anteriores deberán realizar novamente a solicitude de adhesión para esta campaña.

Unha vez presentada a documentación, o Concello procederá á súa revisión e validación para que os establecementos poidan comezar a aceptar os bonos.

A venda de bonos comezará o 28 de outubro

A partir do mércores 28 de outubro, a veciñanza poderá adquirir os packs de bonos a través da plataforma MercaNoGrove, para utilizalos nos establecementos participantes.

Os bonos poderán empregarse ata o 31 de decembro de 2026, de acordo coas condicións establecidas nas bases reguladoras da campaña.

Con esta nova edición, o Concello do Grove reafirma o seu compromiso co comercio local, promovendo unha iniciativa que beneficia tanto aos consumidores como aos establecementos do municipio.

Máis información

Toda a información sobre a campaña, o rexistro de establecementos, a adquisición de bonos e as bases reguladoras está dispoñible na páxina oficial:

https://mercanogrove.concellodogrove.es

Para resolver dúbidas tamén se pode contactar a través do correo electrónico mercanogrove [arroba] concellodogrove.es.


Todas as novas