O CONCELLO DO GROVE OFRECE DURANTE O MES DE NOVEMBRO UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN CULTURAL
O Grove, 29/10/2026.- O Concello do Grove ofrece durante o mes de novembro unha completa programación cultural con actividades dirixidas a público infantil, xuvenil e adulto.
Obradoiros para público infantil
Organizáronse, cofinanciamento da Deputación de Pontevedra, varios obradoiros para público infantil:
Obradoiro de Robótica Educativa. Venres 6 de novembro, a partir das 18.00 h na Biblioteca do Grove.
Obradoiro para achegarse a robótica educativa de forma práctica e divertida, usando LEGO WeDo. Os participantes aprenderán a construír e programar pequenos proxectos, dando vida a robots que se moven, reaccionan e realizan tarefas.
Este obradoiro está dirixido á rapazada a partir de 8 anos e, para participar, é necesaria inscrición previa.
Obradoiro “A arte de marcar historias”. Venres 13 de novembro, a partir das 18.00 h na Biblioteca do Grove.
Taller creativo para achegar á rapazada ao mundo dos libros a través dun elemento que os acompañarán as súas próximas lecturas, o seu propio marcapáxinas elaborado e decorado con resina UV.
Este obradoiro está dirixido á rapazada a partir de 8 anos e, para participar, é necesaria inscrición previa.
Obradoiro “A Biblioteca Encantada”. Venres 20 de novembro, a partir das 17.30 h na Biblioteca do Grove.
Taller que combina literatura, imaxinación, xogos de misterio e creación artística para crear diferentes criaturas e pequenas historias.
Este obradoiro está dirixido á rapazada a partir de 4 anos e, para participar, é necesaria inscrición previa.
Espectáculo “Voo”.Mércores18 de novembro, ás 11.30 h no Auditorio do Grove
Tamén co financiamento da Deputación de Pontevedra, ofrecerase esta peza de teatro físico, manipulación de obxectos, música e danza para público infantil de Teatro O Cubo. A danza, amúsica, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos
Asistirá o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria dos CEIP da vila.
“Os dous desempre”.21 de novembro, ás 20.30 h, no Auditorio do Grove
Espectáculo teatral do segundo semestre de 2026 da Rede Galega de Teatros e Auditorios para público xuvenil e adulto, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas en colaboración co dúo cómico Mofa& Befa.
Baixo a dirección de Quico Cadaval, este espectáculo supón a adaptación teatral da novela escrita por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, publicada orixinalmente en 1934.
As entradas poderán adquirirse na biblioteca municipal, o venres 20 de novembro, de 10.00 a 13.00h, ou no propio auditorio unha hora antes do comezo o espectáculo, a un prezo de 8,00 € as xerais e prezo reducido de 5,00 € para estudantes.
“Chegar e encher”. Venres27 de novembro ás 20.00 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”.
Divertido monólogo teatral para público xuvenil e adulto a cargo da actriz e contadora Bea Campos e producido pola compañía Inventi Teatro, con entrada libre ata completar aforo.
Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré... unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlaras nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.
Concerto Orquestra de pulso e púa Arousa. Sábado 28 de novembro, 20.30 h, no auditorio do Grove.
Este concerto conta co financiamento da Deputación de Pontevedra. O repertorio estará integrado por temas clásicos de orquestras de pulso e púa e outros e arranxos de temas populares realizados pola propia orquestra.
Para asistir é necesario retirar convites na Biblioteca Municipal do Grove, do 25 ao 27 de novembro, ou no propio Auditorio unha hora antes do concerto.