Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Igualdade e Benestar convoca os veciños e veciñas a mesa redonda e o teatro sobre a violencia de xenero.

Fecha: 2008-11-26

Mañá a partir das 20.00 da tarde na casa da cultura Manuel Lueiro Rei, contaremos con varios actos organizados pola concellería de Igualdade e Benestar con motivo do dia internacional contra a violencia de xénero. As 20.00 comezará unha mesa redonda sobre “As redes e colectivos sociais na prevención da violencia de xénero” que contará coa presencia do tenente de Alcalde Carlos Álvarez, a xefa do servizo da delegación da vicepresidencia da igualdade Mayka Iglesias, a presidenta da coordinadora da marcha mundial das mulleres Victoria Iglesias, un representante de homes pola igualdade Celso Taboada. Tamén se contará coa presencia da asesora xuridica do Centro de Información da Muller. As 21.30 teremos a actuación do grupo de teatro enxebre, que escenificará o trato machista que abunda na nosa sociedade. O tenente Alcalde Carlos Alvarez quere animar a todas e todos os veciños a asistir a estes actos que se prolongarán o venres 28 con un obradoiro querome sobre sexualidade, e outros talleres sobre actuación en casos de violencia de xenero para forzas e corpos de seguridade que se prolongará nos primeiros dias de decembro. “Queremos animar sobre todo aos homes, que somos os que necesitamos maior conciencia sobre estas cuestións, pero tamén as mulleres. Estamos aportando pasos importantes e queremos que sexan máis grandes, por iso queremos aumentar as actividades sobre este tema para crear maior conciencia social.” Afirmou o Concelleiro Carlos Besada.