O CIPES estará representado na Reunión de Centros Visitables e Museos de Temática Marítima de Galicia
Fecha: 2011-03-02
O Museo do Mar de Galicia convoca mañá os centros de interpretación e museos relacionados co Patrimonio Marítimo. O CIPES (Centro de Interpretación da Pesca e a Salga) do Grove vai participar na posta en marcha dunha iniciativa que pretende coordinar as accións propias dos centros de interpretación, museos e outras instalacións visitables de temática relacionada coa cultura marítima de Galicia.
Nesa xornada estará representado polo concelleiro responsable de Patrimonio Histórico, Antón Mascato, que presentará un documental sobre as anovadas instalacións de Punta Moreiras, nas que tanto a nave de Muñíz, como a Salga de Goday foron rematadas nestes días.
Reunión de Centros Visitables e Museos de Temática Marítima de Galicia
Museo do Mar de Galicia (Vigo), 3 de marzo de 2011
Salón de Actos, 12:00 h
Obxectivos:
• Coñecer as diferentes propostas de actuación, activas ou que se van desenvolver,
relacionadas co patrimonio marítimo galego.
• Establecer un sistema común de inventario, catalogación e xestión de fondos.
• Desenvolver actuacións conxuntas relacionadas co patrimonio marítimo galego
• Sen prexuízo das atribucións do Sistema de Galego de Museos, crear unha rede de Centros e Museos Marítimos de Galicia.
Orde do día:
- Presentación das distintas iniciativas (10'-15' aprox. cada unha)
- O Consello Asesor do Museo do Mar de Galicia
- A Asociación de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España
- Ferramentas de xestión mancomunada
- Proposta de coordinación de actividades e recursos para compartir
- Proxecto Memoria do Mar e Bolsas de Creación Fotográfica
- Rede de Centros e Museos Marítimos de Galicia