Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Convocatoria de cursos en liña para preparar as probas do Celga 1

Fecha: 2011-03-03

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca tres cursos en liña para a preparación das probas para a obtención do Celga 1. Os cursos terán lugar do 4 de abril ao 15 de xuño, e a matrícula está aberta ata o 20 de marzo.

 

Destinatarios/as

Esta convocatoria está dirixida a todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en preparar a proba do Celga 1 e que teñan coñecementos informáticos a nivel usuario/a.

 

Datas do curso

4 abril – 15 de xuño (10 semanas)

 

Desenvolvemento do curso

Se se cobren 150 matrículas, organizaranse 3 cursos. Cada curso terá 50 persoas e contará cun titor ou titora.

 

Matrícula

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán enviar unha mensaxe electrónica ao enderezo sxpl.formacion@xunta.es cos seguintes datos:

-Nome e apelidos

-DNI con letra

-Enderezo electrónico e teléfono de contacto

-Lugar de residencia

-Nivel de estudos

 

Prazo de matrícula

Do 1 de marzo ao 20 de marzo ambos os dous incluídos

 

Criterios de selección

A selección farase por rigorosa orde de matrícula e ata cubrir as 150 persoas que se admitirán nos cursos.

 

Teléfonos de información:

981 957654 – 981 544402 – 981 546835

 

Información completa da convocatoria (.pdf)>