Os da Bayuca gañan o Festival de Comparsas do Entroido 2011
Fecha: 2011-03-07
Logo da súa ausencia na edición do pasado ano, Os da Bayuca volven facerse coa prezada Bandeira do Concello do Grove no Festival de Comparsas de Entroido.
Clasificación:
1.º Os da Bayuca, con 76 puntos dun total de 81 posibles, reciben a Bandeira do Concello, ademais de 1.100 euros e diploma.
2.º Os Güeros, con 65 puntos, que recibirán 1.000 euros e o diploma.
3.º Os Garoulos, con 61 puntos, recibiron 900 euros e diploma.
O resto dos participantes: Os Ultrasur, As do 807, As Plus, Os Trancheiros, A Maraghota e Media e Os Golfiños, recibiron 400 euros e o diploma.
O vindeiro sábado 12, ás 17.00 h, as comparsas actuarán na Casa da Cultura do Grove para gravar o disco que se editará no mes de maio.