Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ana Peña e a Asociación contra o Cancro, gañadoras dos Premios Meca da Igualdade 2011

Fecha: 2011-03-14

 

O Consello Local da Igualdade celebrado a noite do xoves determinou que a gañadora do premio individual sería Ana Peña, a primeira policía local muller que ocupou este posto nun momento en que os corpos de seguridade estaban destinados unicamente aos homes. A pesar diso, non só consolidou o seu cargo gañando a confianza dos seus compañeiros e xefes, senón que tamén desempeñou o seu cargo con moita responsabilidade. A día de hoxe segue en activo.

 

Por outra banda, o Premio Meca da Igualdade 2011 colectivo recaeu na delegación local da Asociación Española Contra o Cancro, que desde a súa fundación foi gañando a confianza dos veciños e veciñas do Grove nun tema que ata ese momento parecía tabú. Foi este grupo de mulleres e homes, presidido por Mariví Escalante, o que rachou estes malos costumes de non falar dos problemas reais e compartilos coas ducias de mulleres e homes que sofren esta enfermidade.

 

Os premios serán entregados o día 19 de marzo na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey ás 20.00 h. Nese mesmo acto tamén se entregarán os premios do concurso de fotografía organizado pola Concellería de Igualdade e Benestar.