Finalistas da VII Gala do Deporte Meco
Fecha: 2011-03-23
O próximo domingo 27 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar no pavillón de congresos da Illa da Toxa a celebración da VII Gala do Deporte Meco, en que se recoñecerá o labor dos e das mellores do ano 2010 do eido deportivo grovense.
A novidade máis salientable desta edición residiu na elección dos finalistas xa que, tal e como se acordou no último Consello Local de Deportes, foron os propios clubs inscritos no REDIM do Grove os que exerceron de xurado.
Logo de rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Concellería de Deportes compilounas e envioullas ás entidades deportivas da vila, que as votaron, coa única obrigación de que un club non podía escoller aqueles candidatos que eles mesmos propuxeran anteriormente, posto que así se recollía nas bases.
Rematado este proceso, resultaron finalistas as seguintes persoas, equipos e entidades:
1 Mellor deportista, embarcación ou equipo masculino de elite:
- Cristian Ribadomar, do CMDC Breogán
- Jorge Aguín, ciclista que en 2010 competía con LMT Racing
- Antonio M. Montenegro Prieto, remeiro do Urdaibai
2 Mellor deportista, embarcación ou equipo masculino amateur:
- Traíña de Amegrove CR
- Óscar Alfonso Lois, do Grove Karting Sport
3 Mellor deportista, embarcación ou equipo feminino de elite
- Sara Domínguez, do Club Hípico Accega
- Andrea Oubiña, remeira do SD Samertolameu de Meira
- Equipo K-4 dama cadete do Breogán
4 Mellor deportista, embarcación ou equipo feminino amateur
- Equipo Xuvenil Feminino do Rasoeiro Balonmán
- Equipo Amegrove CR de promesas femininas
- Elena Naveiro, do Atletismo Venturiña
5 Mellor promesa masculina
- Manuel Vieira Lois, do CMDC Breogán
- José Luis Pérez Pérez, que en 2010 competiu no SD Academia Octavio de Vigo (balonmán)
- Yamandú Reboiras Jr., de Sentolos Rasing Moto Club
6 Mellor promesa feminina
- Tania Álvarez Yates, do CMDC Breogán
- Lara Lois, Noelia Pérez e Aurora Garrido, do Club Balonmán Rasoeiro
7 Mellor club
- Rasoeiro
- Breogán
8 Mención ao deporte alternativo ou minoritario
- Asociación da Dorna Meca
- Club de Surf Raspas Corchos
- Atletismo Venturiña
9 Vida dedicada ao deporte
- José Álvarez Padín, Casapo, remeiro do Amegrove CR
- Manuel Sanmartín, adestrador e presidente de CB Grove
- Francisco Santaya, xogador de fútbol sala que, con máis de 70 anos, segue practicando este deporte
10 Mellor adestrador
- Miguel Gondar, do Rasoeiro BM
- Jose A. Cambados, do Amegrove CR
- David Mascato, do CMDC Breogán
11 Mención ao equipo directivo
- ADM, Asociación Deporte Meco
- Rasoeiro BM
12 Mención ao club polo traballo coa base
- CR Mecos
- CB O Meco
- Unión SD
13 Mención ao medio de comunicación
- Todogrove.com
- Diario de Arousa
14 Mención ao patrocinador
- Construcciones Rías Baixas
- Amegrove Sociedade Cooperativa Galega
- Viajes Interrías
15 Mellor evento deportivo
- Volta á Illa da Toxa, regata de piragüismo
- Carreira Popular Festa do Marisco
- Cross Popular Érguete
16 Mellor colaborador local
- Copyman
- Talleres Ruco
- Tecnolar