Aberto o prazo para o Programa Lecer e Benestar da Xunta de Galicia
Fecha: 2011-03-28
A Conselleria de Traballo e Benestar, cumprindo o Plan Galego de Persoas maiores 2010-2013, convoca para o ano 2011, a través da Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal, unha edición do programa Lecer e Benestar (antigo Turismo Social e Termal da Xunta).
Este ano ofértanse prazas:
1. individuais
2. para asociacións de persoas maiores e/ou persoas con discapacidade
1. INDIVIDUAIS
Ofértanse 2.696 prazas para solicitar de xeito individual, dirixidas a maiores de 65 anos ou de 60, se son pensionistas, e corresponden as seguintes modalidades:
- Turismo termal (todo incluído): estadía de 12 días con aloxamento e manutención, tratamento termal e actividades de animación sociocultural.
- Turismo só termal (só o tratamento termal, 11 sesións, sen estancia no balneario).
- Turismo de intercambio (todo incluído): estadías de 8 días con transporte, aloxamento, manutención e animación. En Esposende (Portugal).
- Turismo de praia (todo incluído): estadías de 8 días con aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros. En Panxón (Residencia de tempo libre).
2. ASOCIACIÓNS DE PERSOAS MAIORES E/OU PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Ofértanse 399 prazas que teñen unha duración de tres días e dúas noites. Están destinadas a asociacións de persoas maiores e/ou de persoas con discapacidade, coas opcións de balneario e de cámping. A súa tramitación farase a través das asociacións ou federacións de persoas maiores ou de persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación farase directamente desde a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 15 de abril de 2011
Máis información e solicitudes:
Servizos Sociais municipais e http://traballoebenestar.xunta.es