Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Semana do Mar

O Concello do Grove, xunto con outras administracións, comeza mañá mércores os actos da Semana do Mar, que rematará o domingo día 1 de maio.

O mércores, xoves e venres, calquera persoa que o desexe poderá dar un paseo de aproximadamente dúas horas pola ría de Arousa a bordo da goleta Raquel C. O barco dispón de 20 prazas para cada día, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición enviando un correo electrónico ao enderezo alcaldeturismogrove.com. Tamén se poderá visitar a goleta no peirao, os mesmos días, de 18.00 a 20.00 h.

O sábado 30 de abril, pola mañá, haberá un exercicio de salvamento marítimo no porto do Grove. Están convocadas as ANPA dos colexios da vila e poderá asistir toda persoa que o desexe para presencialo en directo.


Todas as novas