Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Últimos días para inscribirse nas probas Celga 2011

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal lémbralles a todas as persoas interesadas que o vindeiro venres 29 de abril remata o prazo de inscrición nas probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2011.

En Galicia haberá unha única convocatoria no mes de xuño, e as cidades máis próximas á nosa vila onde se poderán facer os exames son Vigo e Santiago de Compostela.

Actualmente, no noso concello estase a desenvolver un curso preparatorio para o Celga 4 na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (os luns, martes, xoves e venres) de 20.00 a 22.00 h.

Contía da taxa de inscrición: 15.61 €

Datas das probas:

-Celga 1: 26 de xuño

-Celga 2: 19 de xuño

-Celga 3: 25 de xuño

-Celga 4: 18 de xuño

Consulte a convocatoria completa.

Baixe o formulario de solicitude de inscrición e o impreso para o pagamento das taxas.

Pode entregar a documentación no Rexistro da Casa do Concello.

Se precisa máis información ou axuda, póñase en contacto co SNL municipal.


Todas as novas