Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Campamento urbano de verán no Grove para a cativada da vila

O Concello do Grove abre en breve o prazo de solicitude para o campamento urbano que organiza a Concellería de Xuventude. Esta iniciativa nace para axudar a conciliar a vida familiar e laboral das familias e ofrecerlles ás nenas e aos nenos do Grove unha alternativa ás vacacións desde unha perspectiva formativa e educativa. Trátase dunha aprendizaxe cooperativa, actividades de lecer e tempo libre e xogos baseados nos valores da igualdade, respecto e tolerancia.

As rapazas e rapaces que poden participar son os nados entre 1999 e 2007, veciños da localidade. Os colexios do Grove contan estes días coa información para que no vindeiro mes poidan iniciar as solicitudes.

O programa levarase a cabo desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, e será de luns a venres con horario de 9.45 a 13.:45 h no IES Monte da Vila. O prazo de presentación de solicitudes será do 9 ao 16 de maio, e farase no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul). A novidade deste ano é que as familias que o desexen poderán solicitar horarios máis amplos, de 8.00 a 14.00 h.

O concelleiro responsable de Xuventude e tenente de alcalde, Carlos Álvarez, afirmou que este campamento aumenta o numero de prazas e resolve así posibles problemas coa preselección das cativas e cativos.


Todas as novas