Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Aberto o prazo de inscrición dos campamentos de verán para persoas con discapacidade

Poderán participar neste programa as mozas e os mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, que teñan a idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada un dos destinos e quendas que figuran no folleto, e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. As solicitudes formalizaranse no modelo oficial. Xunto coa solicitude deberán presentar o informe médico.

As persoas beneficiarias do título de familia numerosa terán unha bonificación do 50% no pagamento das taxas establecidas.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 20 de maio, incluído

Máis información e solicitudes:

  • Consellería de Traballo e Benestar
  • Dirección xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e xefaturas territoriais
  • Servizos Sociais comunitarios
  • Podes descargar a solicitude e folleto informativo facendo clic no seguinte enlace: http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran#

Todas as novas