Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Resultados da enquisa a visitantes durante a Semana Santa

Na Oficina de Turismo do Grove proporcionóuselles información durante esta Semana Santa a un total de 1.869 persoas.

En canto ao perfil do turista, sobresaen as parellas e tamén as familias, aínda que en menor cantidade.

O 89% dos enquisados son españois e a súa maioría veñen das comunidades autónomas de Madrid, Castela e León, o País Vasco e Asturias. Os galegos supoñen un 7% do total de persoas que acudiron á Oficina de Turismo e, polo xeral, proceden das provincias da Coruña e Pontevedra. Isto débese a que a xente procedente da comunidade galega dispón dun alto grao de coñecemento e fidelización do noso destino, o que ocasiona que o número de galegos que pasan pola nosa oficina sexa menor. En canto á xente doutros países, sumaron esta Semana Santa un 4% do total, predominando sobre todo os visitantes de Portugal e Alemaña.

Polo xeral, o transporte escollido esta Semana Santa para visitar o nosso concello foi o coche, a diferenza dos primeiros meses do ano, cando os nosos visitantes preferían o uso do autobús.

Ademais, o hotel destaca por riba do resto como tipo de aloxamento escollido polos nosos visitantes á hora de durmir na nosa vila.

Así mesmo, predominan as estadías de 4 ou 5 noites, aínda que hai unha porcentaxe significativa de visitantes que fixeron noite na comarca uns 7 días.

Dos 1.869 visitantes que foron atendidos na Oficina de Turismo, un 30% escolleron o concello do Grove como lugar de aloxamento.

Finalmente, o 34% dos visitantes que viñeron xa coñecían a nosa poboación e, polo tanto, para o 66% restante era a primeira vez.

O motivo polo que se decidiron a visitar a nosa vila foi principalmente a natureza, destacando ademais a nosa cultura e gastronomía.


Todas as novas