Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello estrea versión da web turística para o móbil

O CONCELLO DO GROVE LANZA UNHA WEB PARA MOSTRAR OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS A TRAVÉS DO TELÉFONO MÓBIL

O Concello do Grove presenta unha web que mostra todos os recursos turísticos municipais sobre dispositivos móbiles de última xeración (smartphones, PDA…). O sistema representa unha completa fonte de información turística que proporciona:

  • Información de recursos turísticos e hostaleiros no Grove: aloxamentos, espazos singulares, restaurantes, praias, etc., con información e datos de contacto.
  • Xeolocalización dos recursos respecto á posición do usuario, utilizando o GPS do dispositivo móbil, e visualización destes sobre un mapa.
  • Posibilidade de facer reservas en liña a través de booking, onde aparecerán os aloxamentos situados no municipio.
  • Enlace a páxina informativa de Facebook de turismo do Grove.

Para visualizalo dun modo adecuado, é necesario un dispositivo móbil con conexión a Internet e acceder mediante o seguinte enlace:

http://turismogrove.mobi


Todas as novas