Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Controlando o teu peso. Actividade municipal para poñer en forma a cidadanía meca

O Concello do Grove, a través da súa Concellería de Deportes, pon en marcha o a actividade Controlando o teu peso, coa finalidade de fomentar entre a cidadanía hábitos de vida saudables baseados no deporte e na boa alimentación.

Este programa, dirixido por profesionais do deporte e asesorado por especialistas en nutrición, desenvolverase na Unidade de Promoción do Exercicio do pavillón municipal dos deportes e nas súas inmediacións. 

Constará de tres sesións semanais, que nun principio serán os martes, xoves e venres, de 20.00 a 21.15 h ou de 21.30 a 22.45 h.

O custo será de 20 € ao mes.

Máis información e ficha de inscrición no seguinte enlace:

Controlando o teu peso. Ficha de inscrición


Todas as novas