Listaxe de admitidos/as no campamento de inglés Baby Rock English Summer Camp
Fecha: 2011-06-07
Xa está dispoñible a listaxe de nenas e nenos admitidos no campamento de inglés Baby Rock English Summer Camp. Pode consultala no seguinte enlace:
Listaxe de admitidas/os no campamento de inglés Baby Rock
O prazo de incrición continúa aberto ata o 15 de xuño (ou ata compretar as prazas dispoñibles).
Baby Rock English Summer Camp, organizado pola Concellería de Educación do Grove, en colaboración coa ANPA do colexio Conmeniño, é un campamento de verán para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos que ten como obxectivo mellorar o seu manexo do inglés a través dunha inmersión no idioma nun ambiente lúdico.
Así, mediante xogos, manualidades ou a práctica de diferentes deportes, todo iso desenvolvido integramente en inglés, as nenas e nenos poderán traballar sen decatarse a súa capacidade auditiva e oral. Este campamento está coordinado pola academia English Oxford Centre e será impartido por dúas profesoras nativas, unha monitora de tempo libre e un técnico deportivo titulado.