Fogueiras de San Xoán 2011
Fecha: 2011-06-15
A Concellería de Seguridade Cidadá informa que o xoves 16, incluído, remata o prazo para presentar as solicitudes de fogueiras de San Xoán no que atinxe a competencia municipal. Toda a documentación será remitida á Consellería de Medio Rural coa suficiente antelación para que todas as fogueiras sexan validadas e autorizadas por ese organismo. Unha vez recibidas estas autorizacións, as persoas interesadas deberán recollelas o mesmo día da fogueira en horario de atención ao público na Casa do Concello (de 09.00 a 14.00 h).
No referente á realización de fogueiras, a autorización está suxeita á validación da Consellería de Medio Rural debido ao artigo 37 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Deberán adoptarse as medidas de seguridade e prevención que se sinalan a continuación:
- Que a fogueira diste unha distancia mínima e 100 metros de vivendas, vehículos, instalación, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de seren queimadas.
- Que as súas dimensións non superen unha determinada altura de tres metros de alto, como máximo, por catro de diámetro.
- Que non se queimen residuos perigosos ou tóxicos do tipo: pneumáticos, aceites, plásticos…
- Cando se faga a fogueira sobre terreos públicos asfaltados, lousados ou pintados deberá protexerse o pavimento cunha capa de area en toda a superficie da fogueira.
- Que se dispoña no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitados á proporción da fogueira.
- Que a fogueira permaneza vixiada polas persoas solicitantes ata a súa total extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga.
- En caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
- O solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.
Protección Civil será informada da localización das fogueiras para que os seus membros fagan unha revisión delas durante a noite.
Pode baixar o formulario de solicitude de autorización (que logo de ser cuberto deberá presentar no Rexistro da Casa do Concello) no seguinte enlace:
Solicitude de autorización para as fogueiras de San Xoán 2011