ITV en San Vicente
Fecha: 2011-06-21
Unha unidade móbil de Supervisión y Control, SA, entidade concesionaria da Xunta de Galicia que ten como actividade a inspección técnica de vehículos (ITV) no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia, desprazarase ata o Campo da Feira da parroquia de San Vicente para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos, incluídos os agrícolas.
Será o luns 4 de xullo, en horario de 9.00 a 13.30 h. Asignarase hora de atención ao público na propia unidade móbil ou no teléfono 881 920 490.