Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O goberno local mellora a comunicación coa cidadanía ao ampliar as horas de atención durante toda a semana

Fecha: 2011-07-11

 

O goberno do Concello do Grove establece novos horarios de atención ao público, que se suman ás horas das que xa dispoñía o alcalde, Miguel Ángel Pérez, os martes e xoves de 10.00 a 14.00 horas. O obxectivo é mellorar a atención, a comunicación e a participación da cidadanía, que con esta nova medida disporá duns horarios fixos nos que sabe que de seguro contará coa atención dun dos concelleiros do equipo de goberno. A veciñanza poderá expoñerlle a cada concelleiro ou concelleira as súas inquedanzas, necesidades ou propostas. Con esta nova medida, ademais, favorécese a participación daquelas persoas que, por diferentes motivos, non poden acudir en horario de mañá á Casa do Concello, xa que disporán de atención os luns e martes en horario de tarde.

A relación de horarios e de concelleiros e concelleiras é a seguinte:

  • Miguel Àngel Pérez, martes e xoves, de 10.00 a 14.00 horas
  • Aida Filgueira, martes e mércores, de 13.00 a 15.00 horas
  • Alfredo Bea, luns e mércores, de 10.00 a 14.00 horas
  • Juan Luis Callón, venres, de 12.30 a 14.30 horas
  • Manuel Ochoa, xoves, de 11.00 a 13.00 horas
  • Laura Besada, luns, de 18.00 a 20.00 horas
  • Marta Domínguez, venres de 9.00 a 11.00 horas
  • Carlos Otero, luns, de 12.00 a 14.00 horas
  • Alexandre Aguín, martes de 18.00 a 20.00 horas

Esta atención súmase ás competencias que cada concelleiro e concelleira, así como o alcalde, teñen na súa concellería delegada.