Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Concurso de Cociña de pratos elaborados a base de centola

Fecha: 2008-12-06

A Concellaría de Turismo do Concello do Grove ten o placer de comunicar o ditame do Concurso de Cociña de platos elaborados a base de centola: O restaurante gañador foi o Restaurante Marisquería A Solaina. Coa receita: Canelones de Centollo Envueltos en Lechuga de Mar, Sobre Crema de Piquillo y Coral de Centollo. Xefe de cociña, Gabriel Bea Fuentes (Gavi). O ditame e a entrega do diploma e placa conmemorativa fíxose onte día 5 de decembro ás 20.30 h. Na entrega tamén estiveron presentes o alcalde, o concelleiro de Turismo e demais membros do Consello Sectorial. Ademais, fíxose entrega da Centola de Prata, diploma e agasallo aos mariñeiros gañadores do Concurso de Centola Viva, que tivo lugar na lonxa de contratación. Aproveitamos para facer unha avaliación positiva do transcurso das xornadas, o produto en cantidade e calidade, os 24 restaurantes participantes mais os 9 hoteis, as activades complementarias e os colaboradores; Casino, Barcos de Paseo, etc. A afluencia turística foi importante (espérase que durante esta fin de semana da ponte festiva aumente) e sobre todo veu contribuír a darlle vida a unha época do ano que xa vai máis alá do verán. A promoción da localidade e os seus produtos tamén foi salientable e é por iso que acollemos con satisfación o traballo feito e con ilusión afrontamos as vindeiras edicións para que, co tempo, vaian mellorando grazas ás achegass do conxunto dos colectivos implicados e ó esforzo de hostaleiros e demáis axentes públicos e privados implicados no desenvolvemento das Xornadas. Desde a concellería queremos agradecerlles a todos e a todas a colaboración e o interese cos que se están a vivir estas VI edicións das Xornadas Gastronómicas da Centola, que veñen a afianzar máis se cabe ao Grove como un referente xa no panorama gastronómico nacional grazas a un produto de óptima calidade: o marisco, e nomeadamente a centola, grazas tamén ós profesionais do mar e da hostelería e a un marco incomparable que é a península do Grove e a súa Illa da Toxa.

Jorge Olleros Concelleiro de Turismo