Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove dispón dun servizo de avisos ao móbil para achegarlle información á cidadanía

Fecha: 2011-08-16

A Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio lémbralle á veciñanza que o Concello ten en marcha un servizo de avisos aos teléfonos móbiles, un sistema que permite que a cidadanía estea permanentemente informada sobre as cuestións municipais máis salientables e que sexan do seu interese. 

Para darse de alta neste servizo de alertas, as persoas interesadas só teñen que acceder á páxina web do Concello (www.concellodogrove.es) e deixar o número de teléfono móbil en que queren recibir os avisos. Tamén poden solicitalo persoalmente nas oficinas municipais. 

Nestes días, en que se está a xestionar o cobramento do IBI, varios cidadáns suxeriron a posibilidade de buscar a maneira de avisalos para que non se lles pase a data do pagamento. Precisamente, este servizo –que xa leva en funcionamento un tempo- é o idóneo para este fin.  O usuario pode recibir no teléfono móbil, mediante unha mensaxe, as últimas noticias que se orixinen na localidade, tales como actos sociais, alertas (cortes e avarías de luz ou de auga, prazos de pagamentos...) e todas aquelas iniciativas municipais acerca de cursos de formación ou emprego, entre outros asuntos. 

Desde a Concellería de Novas Tecnoloxías, Alexandre Aguín destaca a utilidade deste servizo para o cidadán, xa que lle permite acceder á información municipal de xeito inmediato e manifesta o seu interese de seguir potenciando novas vías de comunicación cos veciños para que estean o máis preto posible da Administración. 

Este servizo tamén está funcionando con gran éxito no servizo de emprego municipal. Consiste en avisarlles ás persoas interesadas, mediante unha sms, das novas prazas laborais do concello.