Nando Álvarez gaña a I Bienal do Simposio Internacional de Escultura ao Aire Libre
Fecha: 2011-10-13
O escultor Nando Álvarez obtivo o primeiro premio de I Bienal do Simposio Internacional de Escultura ao Aire Libre, cuxo ditame foi feito público onte mércores, última xornada da XLVIII edición da Festa do Marisco.
O xurado estivo composto polo alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez García; o caricaturista José Ángel Rodríguez López, Gogue; o membro do Conselo Local de Turismo e presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), José Manuel González Benavides; e o profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra Juan Loeck, que acordaron nomear gañador deste certame inaugurado o pasado 22 de setembro ao artista natural de Tomiño, a quen se lle outorgou un premio económico de 2.200 euros e se lle concedeu a Centola de Ouro do Concello do Grove.
O segundo premio deste simposio foi para a obra Quenlla, do vigués Anxo Moral Souto, a quen lle foi entregado un premio económico de 1.100 euros; mentres que o terceiro premio foi para Sea creatures (Criaturas do mar), da búlgara Liliya Pobornikova, quen recibiu 900 euros. A ambos os dous foilles imposta a Centola de Prata no acto de entrega celebrado onte pola mañá na carpa institucional.