Actividades de Igualdade
Fecha: 2011-10-20
A concellería de Igualdade e Benestar social do concello do Grove oferta varios talleres e cursos gratuítos dirixidos a mulleres, homes e nenos.
Os primeiros talleres que se están desenvolvendo e que seguen coa matrícula gratuíta aberta son:
O taller de musicoterapia xa se está está impartindo os luns e mércores as 16 h, taller que se basea no emprego da música como ferramenta terapéutica e complementaria doutras disciplinas relacionadas co ámbito sanitario, educativo e social para xestionar o estres.
A función básica deste taller é a regulación do estado de ánimo.
Nestas sesións empregaranse anacos musicais para evitar a depresión e para calmarnos en medio de estados de excitación producidos pola rabia, o estrés ou temor. Tamén para mellorar o aprendizaxe, coordinación, desbloqueo de emocións e resolucións de conflitos.
Este venres 21 de outubro comeza outro taller impartido pola psicóloga e sexóloga Mónica Novas “Porque eu o vallo”
Estas catro xornadas serán os venres de 16h a 17:30 h e versarán sobre a parella, sexualidade e autoestima, imprescindibles para mellorar as relacións interpersoais
O concello do Grove tamén presentará outros cursos e talleres que teñen como temática central a igualdade. Taller de fomento da autoestima da muller, xornadas de igualdade no fogar no que se abordarán temáticas como a mecánica , fontanería, electricidade e lavar e pasar o ferro.
Tamén os nenos serán participantes nestas iniciativas a través das dinámicas denominadas “abre os ollos”. Este obradoiro esta dirixido a nenos de primaria do concello onde se aplicarán técnicas de dinámicas de grupo para que os nenos visualicen estas diferenzas de xénero e apliquen hábitos que fomenten a igualdade.
Todas estas iniciativas serán presentadas periodicamente para que calquera persoa se poda inscribir gratuitamente.
As inscricións poderanse facer directamente no Rexistro do Concello do Grove cubrindo un formulario ou no tlf. da empresa asistogal no tlf. 622 098 721.