Puntos de información xuvenil nos institutos
Fecha: 2011-10-24
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) instala un punto de información nos institutos para achegarlle os seus recursos á mocidade do Grove.
O alumnado dos centros poderá obter diferentes vantaxes deste punto informativo como: recibir información de actvidades e recursos do Concello e doutros organismos públicos, guía de recursos municipais, e incluso tramitar o carné xove. Para isto chega con:
- cubrir a solicitude
- presentar o DNI
- entregar 6 €, correspondentes ás taxas do carné
Instalarase no IES Monte da Vila os días 26 de 27 de outubro durante o horario dos recreos; de 10.25-10.45 e de 12.25-12.45 h.
Os días 3 e 4 de novembro o punto de información da OMIX estará no IES Bizocas durante o horario de recreo, de 11.25-11.55 h.
Recordamos que a OMIX ten as súas oficinas na Casa Azul e o seu horario de atención ao público é de luns a venres de 08.50-15.00h e os mércores de 16.00-20.00 h.
Para calquera consulta, pódese chamar ao teléfono 986 730 609. Correo electrónico: omix@concellodogrove.com