Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

I Concurso de Escaparates de Nadal

A Concellería de Comercio e Mercado organiza o I Concurso de Escaparates de Nadal co fin de dinamizar e potenciar o comercio local e animar a veciñanza a facer as compras do Nadal no noso concello.

Os establecementos interesados en participar neste concurso só terán que cubrir a correspondente ficha de inscrición —que poden baixar do enlace que aparece máis abaixo ou solicitala na Casa do Concello— e presentala no Rexistro municipal.

As datas de inscrición comprenden entre o 21 de novembro e o 2 de decembro. Os escaparates que participen no concurso terán que estar expostos entre o 3 de decembro e o 6 de xaneiro, ambos incluídos.

Bases do concurso

Ficha de inscrición


Todas as novas