Entrega de premios do concurso fotográfico O Grove 4 Estacións
Fecha: 2008-12-20
O sábado 20 de decembro, ás 12 da mañá e na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, procederase á entrega de premios e posterior inauguración da exposición das 141 fotografías presentadas á primeira edición do concurso O Grove 4 Estacións, organizado pola Concellería de Turismo do Concello do Grove.
Cabe destacar a alta participación: con 51 participantes, que presentaron un total de 141 fotografías, chegadas desde localidades coma Sanxenxo, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Pontevedra, Vigo, Madrid e, loxicamente, O Grove.
A finalidade deste concurso foi a de promocionar a imaxe do Grove, o seu contorno, as súas xentes, os seus recursos e posibilidades durante os doce meses do ano.
O xurado estivo composto polo concelleiro de Turismo, Jorge Olleros; por un representante no Consello Local de Turismo, Pablo García; e Santiago Piñeiro, fotografo profesional.
Establecéronse tres premios: Primeiro, 300 euros; segundo, 200 euros; e terceiro, 100 euros.