Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Ditame do Concurso de Camisetas da Festa do Marisco

Ás 19:00 h de onte luns tivo lugar na nova sala da Casa do Concello a entrega dos premios do Concurso de Camisetas. Asistiron os premiados, o alcalde do Grove e as concelleiras de Comercio, Marta Domínguez, e Educación, Laura Besada.

Na modalidade de parellas, venceu a camiseta dos nenos Claudia e Daniel Blanco González. O seu lema é “Centolo Spiderman”. O premio foi de 50 euros.

Na modalidade de grupos de máis de 10 persoas, fíxose co premio o grupo representado por Gonzalo Domínguez Rodríguez. O lema da camiseta “Peña Rampona” e o premio que obtiveron foi de 150 euros.


Todas as novas